Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Asemblea xeral da Red de Juderías de España abordou os proxectos do segundo semestre do ano

28/06/2022

O alcalde, Enrique Cabaleiro, que participou no encontro, destaca a importancia da pertenza de Tui a esta rede

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asistiu o pasado venres, 24 de xuño,  á 60ª Asemblea da Red de Juderías de España - Caminos de Sefarad que tivo lugar en Lucena, onde se abordaron os proxectos presentes e os retos futuros desta entidade.

Nesta Asemblea Xeral fíxose un repaso ao estado de execución do orzamento anual, ás actividades que se levaron a cabo até a data e aos proxectos que se abordarán no segundo semestre de 2022, entre os que destaca a celebración da Xornada Europea da Cultura Xudía a primeira fin de semana de setembro. Igualmente, durante a Asemblea abordouse o regulamento, opcións e cidades candidatas a unha posible ampliación da Rede de Xudarías de España en 2023.

O rexedor tudense pon de manifesto “a importancia da nosa pertenza a esta exclusiva rede gracias á riqueza de noso legado xudeu. Seguiremos impulsando a promoción da nosa ampla oferta co propósito de posicionar a Tui no mercado turístico, sendo o noso legado xudeu todo un referente e un reclamo do que podemos presumir con orgullo”.

A Rede de Juderías de España - Caminos de Sefarad está constituída por 21 municipios de España, entre os que se atopa Tui, que posúen un rico patrimonio arquitectónico, artístico, ambiental e cultural nos seus conxuntos medievais que é herdanza das comunidades xudías que o habitaron. O labor dos membros da Red de Juderías de España é actuar de forma conxunta en defensa do legado xudeu e do patrimonio histórico, fomentando así novos proxectos turísticos, culturais e académicos que permitan realizar unha política de intercambio de experiencias e vivencias nacionais e internacionais a fin de seguir coñecendo a cultura e as tradicións sefardís baixo a premisa do respecto mutuo entre pobos e culturas.