Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Apertura do período de información pública previo á aprobación da renumeración dos inmobles do termo municipal de Tui

5/10/2022

O pleno da Corporación municipal, en sesión ordinaria de 29 de setembro de 2022, aprobou inicialmente a renumeración dos inmobles do termo municipal.

Ábrese un período de información pública polo prazo de 20 días, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, na páxina web (https://tui.gal/) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Tui, computados a partir do día seguinte ao de publicación do último anuncio correspondente, aos efectos de que calquera persoa poida examinar o expediente e formular as alegacións, reclamacións ou suxerencias que estimepertinentes.

Durante o devandito prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera persoa física ou xurídica no departamento de Secretaría do Concello de Tui, en horario de 09:00 a 14:00, de luns a venres.

Se non se presentan alegacións no trámite de información pública, elevarase o acordo automaticamente a definitivo e de presentarse alegacións en prazo, resolveranse expresamente polo Pleno da Corporación.

 

Máis información