Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Anuncio convocatoria 1 praza de condutor/a con carácter interino para a MIBM

27/12/2021

A Mancomunidade do Baixo Miño na súa sesión do 10 de decembro de 2021 acordou aprobar as correspondentes bases para prover por concurso-oposición 1 praza de condutor con carácter interino para a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño mentres dure a baixa do titular da praza, e a creación dunha bolsa de emprego para as coberturas temporais que poidan producirse na plantilla de condutores da MIBM.

A presentación de instancias para tomar parte nesta selección será de dez días hábiles contados dende o vindeiro 2 de xaneiro de 2022. A convocatoria e bases para prover por concurso-oposición  esta 1 praza condutor con carácter interino na Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño mentres dure a baixa do titular da praza e a creación dunha bolsa de emprego para as coberturas temporais que poidan producirse na plantilla de conductores da MIBM están publicadas na sede electrónica da mancomunidade https://baixomino.sedelectronica.gal/info.0.

A presentación da documentación para tomar parte no proceso selectivo poderá levarse a cabo ben de xeito presencial no concello de Tomiño durante 10 días hábiles a partir desa data, ben na sede electrónica da mancomunidade no enderezo electrónico https://baixomino.sedelectronica.gal/info.0