Alumnado de 4º da ESO asiste á primeira proxección de O Cine nas Aulas
O programa continuará o 10 de novembro para 5º e 6º de Primaria
Esta mañá tivo lugar a primeira das proxección deste novo curso escolar do programa “O Cine nas Aulas”. Alumnado de 4º da ESO do IES Indalecio Perez Tizón do IES San Paio, e do Colexio Marista Santa María asistiron á proxección. En concreto foron 172 alumnos e alumnas e 8 profesores e profesoras.
O filme proxectado está baseado baseado nunha historia real. Achega a vida dun mozo que se enfronta a unha situación moi difícil cando a súa orientación sexual entra en conflito coas crenzas e expectativas da súa contorna familiar e social. Tras visionar hoxe a película no Teatro Municipal o alumnado traballará posteriormente nas aulas as unidades didácticas que axudaran a analizar o que viron, identificar situacións de discriminación, comprender as emocións dos personaxes e reflexionar sobre como actuar ante a intolerancia ou o rexeitamento.
O programa O Cine nas Aulas, promovido polo Concello de Tui dende o departamento de Servizos Sociais, continuará o 10 de novembro cunha nova proxección á que asistirá alumnado de 5º e 6º de Primaria de todos os CEIPS do municipio.





