Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui contará cun vehículo todo terreo tipo pick-up

18/11/2021

Tui é un dos concellos beneficiarios da liña 1 das subvencións para equipamentos de emerxencia convocadas pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

Protección Civil de Tui vai contar un novo vehículo todo terreo tipo pick-up. O Concello de Tui presentara á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a solicitude ao abeiro convocatoria da liña de subvencións para a adxudicación de equipamento de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, paran os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Este  pasado luns, 15 de novembro, publicou no DOG a resolución da convocatoria na que o Concello de Tui resultou beneficiario da adxudicación dun vehículo todo terreo tipo pick-up destinado á Agrupación de voluntarios de Protección Civil de este Concello.

Tui xunto a Salceda de Caselas, Catoira, Meis e Vila de Cruces e Soutomaior son os concellos da provincia de Pontevedra que se benefician coa adxudicación da liña 1 de subvención. Este equipamento está sendo adquirido co programa operativo Feder-Galicia 2014 2020, eixe 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos» e prioridade do investimento, 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes».