Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Abre a exposición de pintura "Diur no camiño de Portugués de Santiago"

5/08/2010

HOXE ABRE A EXPOSICIÓN DE PINTURA “DIUR NO CAMIÑO DE PORTUGUÉS DE SANTIAGO”

Xoves, 5 de agosto de 2010. A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende hoxe, xoves 5 de agosto, unha mostra de pintura que baixo o titulo de “Diur no camiño portugués a Santiago” reúne a obra de 31 artistas e afeccionados amosan coas súas diversas técnicas e estilos unha temática común: o camiño de Santiago.

       Concello Tui

Todos os participantes forman parte da asociación DIUR, ubicada na cidade de Pontevedra, unha asociación sen finalidade lucrativa e que ten como obxectivo fundamental proporcionar ás persoas da terceira idade os medios para encontrar e desenvolver un vasto abano de actividades culturais e de lecer. “Queremos comunicar, coñecer, permanecer activos e actualizado como entretemento e diversión” afirman os responsables da asociación.

Esta mostra está realizado un itinerarios por diversos espazos expositivos do camiño portugués tantos de Portugal como de Galicia: Maia, Braga, Ponte de Lima e Ancora-Caminha teñen acollido esta exposición, que logo da súa estadía en Tui continuará cara Vigo, Pontevedra, Padrón e Santiago de Compostela.

     Concello Tui

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a realización desta exposición amosa a vocación xacobea da nosa cidade que nestes días acolle a milleiros de peregrinos, agora tamén a estes singulares “camiñantes” das artes que percorren coas súas obras diversas localidades do camiño portugués. A visión de cada un dos participantes nesta mostra presenta do fenómenos das peregrinación, dos seus enclaves principais, do seu patrimonio... proporciona a todos os visitantes novos xeitos de achegarse o camiño portugués que atopa en Tui a súa histórica porta de entrada en Galicia. Moisés Rodríguez Pérez agradece a asociación Diur o seu interese por amosar en Tui esta exposición que evidencia o seu bo quefacer.