Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Abre ao público a exposición "Vivir coma cans: cara unha nova conciencia de respeto aos dereitos dos animais"

10/06/2008

“VIVIR COMA CANS: CARA UNHA CONCIENCIA DE RESPETO AOS DEREITOS DOS ANIMAIS” NOVA CITA NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS DE TUI

A Asociación Protectora de Animais “Sen Fronteiras” organiza, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Tui, a exposición “Vivir coma cans: cara unha conciencia de respecto ós dereitos dos animais” que poderá visitarse no Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edificio Área Panorámica – rúa Colón, 2) dende o martes 10 ata o sábado 28 de xuño de 2008.

O obxectivo da mostra é concienciar á cidadanía do abandono dos animais. "Facemos isto pola nosa impotencia e cansazo diante da chegada de moitos animais abandonados e maltratados que chegan ó refuxio cada día", informa a vicepresidente da entidade, Mónica Salgueiro. Ésta exposición xa estivo no concello de Vigo o pasado mes de maio "e tivo gran éxito de cara as adopcións e aportacións", engadiu. A asociación pensa levala ós máximos concellos posibles "para que a xente vexa o que nos refuxios facemos para sacar animais adiante, e para concienciar as persoas para a tenza responsable dos cans e gatos, e o respecto para con eles".

Para a concellería de cultura tudense, que dirixe Moisés Rodríguez Pérez, a colaboración cos distintos colectivos e asociacións que traballan no noso concello é un dos obxectivos primordiais, e neste caso a colaboración para promover a sensibilidade social cara os animais domésticos que tamén son merecentes do respecto e coidados polos seus donos e pola propia sociedade.