Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo para a contratación dun licenciado en dereito para o servizo de atención ao inmigrante e emigrante retornado

13/06/2008

CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN DO PERSOAL DE ATENCIÓN Ó INMIGRANTE E EMIGRANTE RETORNADO

Prazo do 11 ao 16 de xuño

PRIMEIRO: Convocar o proceso de selección para á contratación con carácter laboral temporal a tempo completo, dun/ha licenciado/a en dereito, como Técnico/a de Apoio ó Inmigrante e Emigrante Retornado, durante un periodo de cinco meses, coas retribucións que determinen según orzamento da subvención e que levará a cabo as seguintes funcións:

a) informar ó colectivo de referencia sobre a súa situación xurrídica e trámites administrativos a realizar dada a súa condición de inmigrante ou emigrante retornado. Neste senso asesorará na tramitación de permisos de residencia, traballo, visados, adquisición de nacionalidade, agrupamento familiar e todo tipo de trámites administrativos que este colectivo precise así como sobre as posibles prestacións sociais, educativas ou sanitarias ás que tivesen dereito.

b) facilitar todo tipo de información acerca de programas formativos e de orientación e inserción laboral, que leven a cabo as Administracións Públicas.

c) calquera outra axeitada a súa categoría profesional que lle sexa encomendada en relación coa atención ó emigrante retornado e inmigrante.

Requisitos dos aspirantes imprescindibles para poder optar á cobertura temporal da praza os seguintes:

1.- Ter nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril.

2.- Posuir capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

3.- Ser maior de dezaseis anos, e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

4.- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das Administracións Públicas, órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas de conformidade co disposto no artigo 56.1 da Lei 7/2007. de 12 de abril.

5.- Estar en posesión do Título de LICENCIADO EN DEREITO.

6.- Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, durante o prazo de presentación de instancias e ata o día seguinte ao remate do mesmo, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

SEGUNDO: utiliza-las bases de selección que a continuación se especifican:

O proceso de selección será o do concurso-oposición:

FASE DE CONCURSO:(puntuación máxima 4 puntos)

Serán obxecto de valoración a carreira profesional e formativa dos aspirantes, e de maneira preferente os seguintes méritos específicos :

-Experiencia profesional:

-Polo tempo de servizos prestados nas Administracións Públicas nun posto similar cun cometido igual ou similar ó convocado: 0,20 puntos por mes completo.

-Polo tempo de servicios prestados na empresa privada nun posto similar e cun cometido igual ou similar o convocado: 0,10 puntos por mes completo.

A experiencia laboral referida deberá ser acreditada coa presentación dos contratos, certificados de empresa, xunto cun informe de vida laboral actualizado ou calquera outro medio documental oficial acreditativo dos mesmos.

FASE DE OPOSICIÓN: (puntuación máxima 6 puntos)

Consistirá en contestar por escrito a unha serie de preguntas cortas a determinar polo tribunal inmediatamente antes da realización do exercicio, no tempo que este determine, e que versarán sobre as materias que figuran no anexo I destas bases. A puntuación máxima será de 6 puntos, sendo eliminados todos aqueles aspirantes que non acaden a puntuación mínima de 3 puntos nesta proba.

TERCEIRO: SOLICITUDES

As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de 5 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria nun xornal de difusión provincial.

Unha vez aprobadas as presentes bases, a convocatoria publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello e nun diario de difusión de ámbito provincial podendo presentar os interesados as súas solicitudes no prazo de cinco días hábiles, a contar dende o día seguinte á aparición do anuncio nun medio de prensa, no Rexistro Xeral do Concello de Tui, en horario de 9 a 14 horas os días hábiles, agás o sábado que será de 9 a 13 horas. Asimesmo, poderanse presentar as instancias para participar no proceso de selección, de conformidade co disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992; No suposto de presentarse a instancia fora do Rexistro Xeral do Concello, será necesario remitirla por Fax ao nº 986 60 41 48, o mesmo día da súa presentación, para que sexan incluidos na lista de admitidos.

CUARTO: TRIBUNAL AVALIADOR - SELECCIÓN DOS CANDIDATOS

Rematado o prazo de presentación de instancias o Tribunal formado como prescribe o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, procederá a efectua-la selección conforme se describe no punto 2º destas bases.

Rematado o proceso de selección o Tribunal aprobará a relación de aspirantes en orde de maior a menor puntuación e propondra o Sr. Alcalde para a súa contratación á persoa que encabece a relación do proceso selectivo.

No prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Taboleiro de Edictos do Concello da relación, o aspirante proposto deberán presenta-la documentación acreditativa dos requisitos sinalados nestas Bases para acceder ó posto de traballo, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, perdendo os seus dereitos se así non o fixera.

No caso de que a persoa seleccionada non reunise os requisitos necesasrios para a contratación poderá ser substituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que tamén poderá suceder no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. utilizando para iso a modalidade de contratación laboral apropiada para cada caso. En todo o non previsto nestas bases estarase o que dispoña a normativa reguladora dos contratos laborais temporais.

No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante a proba ou por non presentarse ningún a esta, o Sr. Alcalde queda autorizado a convocalo novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.

ANEXO I - TEMARIO

  1. A Constitución Española de 1978: principios constitucionais; dereitos fundamentais e liberdades públicas.
  2. O Estatuto de Autonomía de Galicia: principios xerais e análise do seu contido.
  3. A organización municipal. Distribución de atribucións entre os órganos municipais. Competencias municipais e servicios obrigatorios nas corporacións locais. Actividades complementarias doutras administracións públicas.
  4. Réxime xurídico das administracións públicas: principios informadores. Os actos administrativos: concepto, elementos e clases. O procedemento administrativo común: principios xerais e competencia. Os interesados. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e finalización.
  5. Recursos administrativos, principios xerais, actos susceptibles de recursos, principios xerais de tramitación. Clases de recursos.
  6. A Unión Europea: nacemento e fases da súa evolución. O tratado da Unión Europea. As institucións da Unión Europea.
  7. Órganos da Administración Central do Estado en materia de emigración e inmigración.
  8. Adquisición da nacionalidade española. Nacionalidade de orixe e nacionalidade derivativa. Pérdida da nacionalidade española. Recuperación da nacionalidade.
  9. Marco legal da inmigración. Antecedentes e regulación actual.
  10. Dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.
  11. Tipos e réxime xurídico de visados, situacións da estancia ou residencia e autorización para traballar.
  12. Axudas para atopar emprego ou para incrementar as posibilidades de atopalo existentes para os emigrantes retornados e os inmigrantes.
  13. O sistema educativo en España. Organización. Homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros. Procedementos e trámites.
  14. A emigración de retorno e inmigración en Galicia: características fundamentais.
  15. Programas estatáis e autonómicos de atención ó emigrante retornado e o inmigrante.