Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo de inscrición en máis de 200 cursos na Aula Mentor de Tui

10/06/2022

Os interesados poden ampliar a información no Centro Municipal de Formación e Emprego onde está situada a aula.

Está aberto o prazo de inscrición en máis de 200 cursos na Aula Mentor de Tui. Trátase de formación en liña en moi diversos ámbitos. A Aula Mentor ofrece unha alternativa en materia de formación á poboación maior de 18 anos que non pode asistir á oferta formativa presencial, brindando un sistema totalmente flexible non suxeito nin a horarios nin a prazos, de tal xeito que se adapta a disponibilidade horaria que teña o alumnado. A oferta de cursos tamén inclúe formación gratuíta que se convoca ao longo do ano.

A persoa matriculada se dispón de equipamento informático e conexión a internet pode realizar a formación con total flexibilidade no horario que mellor se adapte as súas circunstancias. Mentres aqueles que non dispoñan deste equipamento poden realizar a formación na propia aula situada no Centro de Formación e Emprego en Guillarei de luns a venres de 9.30 a 13 h.

Os cursos agrúpanse por áreas formativas dende “Iniciación á informática”, “Programación”, “Redes e equipos informáticos” a “Saúde”, “Idiomas” ou “Xestión comercial e financeira de Pemes”. Amais hai unha serie de cursos con carácter profesional para hostalería e turismo; servizos socioculturais e axuda á comunidade; madeira, moble e cortiza; comercio e márketing, …

Na web municipal no enderezo  https://tui.gal/gl/aula-mentor-tui está toda a información sobre esta aula e cómo realizar a matriculación. Recoméndase previamente á inscrición nun curso contactar co Centro Municipal de Formación e Emprego. A listaxe de cursos ofertados está accesible en www.aulamentor.es.

Os interesados poden ampliar a información no Centro Municipal de Formación e Emprego onde está situada a aula nos teléfonos 986 60 39 49 e 670 24 56 33 ou no correo tui@aulamentor.es.

A posta en marcha desta aula foi posible grazas ao convenio asinado entre o Concello de Tui e o Ministerio de Educación y Formación Profesional.