Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Abertas as inscricións para o IV Torneo de Tenis da Eurocidade ata o 6 de setembro

29/08/2017

Celebrarase dende o 15 de setembro ata o 1 de outubro en Tui e Valença

Até o próximo mércores 6 de setembro permanecen abertas as inscricións para o “IV Torneo de Tenis da Eurocidade”, que organiza o Club Tenis Tui, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença. Este evento deportivo disputarase nas pistas de tenis da piscina municipal de Valença e nas pistas de tenis de Areas, dende o 15 de setembro ata o 1 de outubro.

As inscricións poden realizarse a través da páxina www.ibertenis.com, onde está accesible toda a información  así coma no facebook do Club Tenis Tui, ou no teléfono 658.866.403. O prezo da inscrición é de 5€ por participante, 8€ para as categorías de dobres, mentres que será de balde para os que participen nas categorías de júnior a benxamín.