Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

4ª edición do concurso fotográfico: Relación home-muller 100% positivo

22/11/2011

Co gallo da celebración do día 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, dende a Concellería da Muller e Servicios Sociais do Concello de Tui, celebramos a 4ª edición do concurso fotográfico: Relación home-muller 100% positivo, Coa temática deste concurso  queremos facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo. . . é dicir, en todos os ámbitos da vida.

O próximo venres día 25 ás 18:00 horas terá lugar a inauguración da exposición no Parador de Turismo San Telmo de Tui, onde daremos a coñecer as fotografías premiadas.

 

PREMIOS

- O/a finalista recibirá un premio de 300 € e será agasallado/a cunha estancia dunha fin de semana para dúas persoas en calquera Parador de Turismo de España.

- 2º finalista, recibirá un agasallo dunha estancia dunha fin de semana para dúas persoas no Parados de Turismo San Telmo de Tui.

- 3º finalista, recibirá un agasallo dunha comida para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

 

XURADO

- Caras novas nos membros do xurado:

 

- Cristina Pazo González, Guardia Civil de Tui.

- José Ángel Font Moldes, Director da Radio Municipal de Tui.

- Cristina Rodríguez Álvarez profesora no IES San Paio de Tui, licenciada en Bellas Artes.

 

PARTICIPACIÓN

A exposición está composta por 21 fotografías de 9 participantes diferentes.

 

 

· Talleres de prevención contra a violencia de xénero.

Os/as alumnos/as de 3º e 4º da E.S.O. dos dous institutos IES San Paio e Francisco Sánchez e o colexio Irmáns Maristas de Tui, están traballando coas técnicas dos Servicios Sociais a prevención da violencia de xénero, mediante talleres e charlas informativas. Os talleres están a ter lugar neste mes de novembro e continuarán ao longo do mes de decembro.

 

· Servicio de atención e información a víctimas de violencia de xénero.

A través dos Servicios Sociais deste concello en colaboración con diferentes asociacións: CIM de A Guarda, CIM de Porriño e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, traballamos ao longo de todo o ano con mulleres víctimas de violencia de xénero, polo que queremos aproveitar esta ocasión para recordarlle a todas as mulleres do concello de Tui que necesiten información ou axuda relacionada coa violencia de xénero, que poden acudir as nosas oficinas en busca de asesoramento.