Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

1º Trofeo Cidade de Tui de baloncesto.

30/08/2010

BALONCESTO DE MÁXIMO NIVEL NA CIDADE DE TUI

 

 

O vindeiro venres día 17 de setembro, a partir das 20.30 horas, o Novo Pavillón Municipal acollerá a 1ª edición do Trofeo Cidade de Tui de Baloncesto.

O trofeo o disputarán os equipos F.C. Oporto, de Portugal  e o Obradoiro C.A.B. de Santiago, anteriormente Xacobeo Blu:sens, e que militou na campaña pasada na liga da A.C.B.

As entradas terán un precio de 3 € para adultos e de 1 € para os nenos ata 12 anos, co fin de que os amantes do deporte da canastra poidan acudir en masa a presenciar o partido.

Para  non ter acumulacións nas taquillas do pavillón, o día do partido, as entradas pódense adquirir a partir do día 1, mércores, nos seguintes puntos de venda:

 En Tui:        Café Bar Colme

                     Café Bar Boby

                     Cafetería La Gran Manzana  

En Porriño:   Cafetería Scala.

 

No descanso do encontro, por parte do Concello, farase unha merecida homenaxe os equipos seniors do Club Baloncesto Tui, que na tempada 09/10 conqueriron o ascenso de categoría.

Tamén realizarase un sorteo entre os asistentes con entrada numerada, no que se podrán gañar sendas  ceas doadas unha polo Restaurante O Novo Cabalo Furado e outra polo Parador de Turismo San Telmo.