Pleno extraordinario da corporación tudense o martes 14 de novembro
Será ás 12h no salón de sesións
A corporación municipal de Tui celebrará sesión pleno, a 11/2017, de carácter extraordinario o martes 14 de novembro de 2017 coa seguinte orde do día:
A).-Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borrador de acta pleno sesión nº9/2017 de Moción de Censura de 17 de outubro 2017.
2º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal sobre perioricidade das sesións plenarias ordinarias.
3º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal sobre comisións informativas permanentes.
4º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal sobre supresión do posto de traballo de persoal eventual.
5º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal sobre determinación de dedicacións exclusivas totais e parciais, asistencias a órganos colexiados e dotación para os grupos políticos.
6º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal sobre nomeamento de representantes no Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro.-
7º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal sobre nomeamento de representante do Concello no Padroado da Fundación do Teatro Principal.
B).- Actividade de control:
8º.- Posta en coñecemento de escritos relativos a composición de Comisións Informativas presentados polo grupo municipal PSdG-PSOE (RE nº 9767 de 19/10/2017) e Partido Popular (RE nº 10269 de 07/11/2017).