O mercores 9 de febreiro conferencia sobre a violencia de xénero
26/01/2011
Charla sobre a violencia de xénero dirixida os alumnos do Obradoiro de Emprego
As técnicas da Concellería de Servicios Sociais: Olga Hermida (Educadora Familiar), Paula Guerreiro (Técnica en prevención de Drogodependencias) e Carmen María González (Traballadora Social), realizarán unha charla informativa sobre a complexa problemática da Violencia de Xénero, dividida en tres bloques:
-¿Qué é a Violencia de Xénero?
-¿A quen hai que dirixirse?
-Dereitos económico-asistenciais das vícitimas
Esta charla terá lugar o día 9 de febreiro as 13.00 hs no centro de Formación de Guillarei.
Concellería de Servicios Sociais