Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dobre cita para celebrar o Samaín en Tui

27/10/2026

O venres a celebración será no Mercado de San Antonio e o sábado no edificio da praza da Inmaculada para público infantil

Tui prepárase para celebrar o Samaín con dobre cita esta fin de semana, a primeira o venres no Mercado de San Antonio e  a segunda o sábado no edificio da praza da Inmaculada. En ambos casos a participación é gratuíta, non sendo precisa inscrición previa, até completar o aforo de cada espazo. Van dirixidas a público infantil. 

Así o venres, baixo o título “O Samaín chega ao Mercado de San Antonio” dende ás 17 h ás 20.30 h haberá pintacaras, un obradoiro de cociña a cargo do chef Stefano Quadra baixo o título “Unha merenda de medo”, un desfile de disfraces, piñata, música e baile. 

O sábado o edificio da praza da Inmaculada, ambientado para a ocasión, acollerá unha festa infantil de Samaín dende ás 17 ás 20.30 h. Haberá festa de disfraces con minitalleres, pintacaras, mini espectáculo infantil, xogos musicais, para pasar unha tarde terrorificamente divertida. Contará con monitores e monitoras especializadas da empresa Ludikeka que levarán a cabo cada unha das actividades coa cativada.