Dezaoito postos participan en Espazos Efémeros en Tui
Celebrarase dende este venres até o luns no edificio da praza da Inmaculada
A creatividade e o produto local serán os protagonistas de Espazos Efémeros que dende este venres 9 e até o luns 12 de outubro se vai celebrar no edificio da praza da Inmaculada. Tras a recente rehabilitación da planta baixa do inmoble este será o primeiro evento que se celebre neste espazo.
Dezaoito postos de venda de artesanía, xoiería, moda, produtos agroalimentarios e propostas creativas con meles do país, viños de autor, xoiaría contemporánea, cerámica, arranxos florais e doces sen glute, participarán nos Espazos Efémeros. Tamén haberá obradoiros demostrativos a cargo dos distintos postos e concertos.
Espazos Efémeros é un proxecto de cooperación Leader interterritorial impulsado polos GDR Galicia Suroeste Eurural, Limia-Arnoia e Ulla Tambre Mandeo e está cofinanciado pola Unión Europea a través dos fondos Feader da PE PAC 2023–2027, e conta coa colaboración do Concello de Tui
A inauguración terá lugar este venres, ás 17.30 h, a inauguración a cargo dos representantes institucionais dos tres Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) socios do proxecto, autoridades municipais, provinciais, autonómicas e nacionais,
Ás 19.00 h poderase gozar do primeiro concerto neste espazo a cargo de Faia Díaz e Xan Campos. O Espazo Efémero neste primeiro día permanecerá aberto até as 21.00 h. Sábado, domingo e luns abrirá de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h.
Dos dezaoito posto tres serán de Tui A Fada do Aloia con xoguetes ambientados nas fadas; Mar Jewelrin con xoiería de resina ecolóxica e flores; e adega Quiñóns da Insua. Dende Tomiño chegará Kiwi Eco con produtos de kiwi; do Rosal Mirabel do Rosal con produto local e Mel Niño do Corvo, e dende Oia Ana Belén Jarrín Morán con cadros e postais botánicas. Tamén estarán en Espazos Efémeros Arxila Ceramics de cerámica de Baiona; Meleiras do Suído con mel de Fornelos de Montes; Floresta Flores con arranxos florais e Doniccas con donuts sen glute de Gondomar; Millo Joyería xoiería de follas de millo de Nigrán; Gaia Gourmets de Ourense, Ana Méndez Cerámica con cerámica creativa e xoiería cerámica de Pazos de Borbén; e Fui yo con elementos decorativos de forxado de Santiago de Compostela; Lalusqui con artesanía en coiro e León Lagata con xoiería artesanía de Soutomaior.
Ao longo da fin de semana os distintos postos irán ofrecendo obradoiros demostrativos e contarase coa actuación música de Abril (sábado ás 13 h); Terreiras (domingo ás 19h); e The Swinging Flamingos (luns ás 18.30h).
Programación
Venres 9 de outubro
- Horario: 18:30 - 21:00 h
- 17:30 h Acto de presentación
- 18:30 h Degustación viño galego e apertura de Espazo Efémero Tui
- 19:00 h Música en directo a cargo de Faia Díaz e Xan Campos
Sábado 10 de outubro
- Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
- 11:30 h Obradoiro demostrativo: A Fada do Aloia
- 12:30 h Obradoiro demostrativo: Mel Niño do Corvo
- 13:00 h Música en directo a cargo de Abril
- 16:30 h Obradoiro demostrativo: Arxila Ceramics
- 17:30 h Obradoiro demostrativo: Lalusquis
- 18:30 h Obradoiro demostrativo: Mar Jewelrin
- 19:30 h Obradoiro demostrativo: Fui Yo
Domingo 11 de outubro
- Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
- 11:30 h Obradoiro demostrativo: Meleiras do Suído
- 12:30 h Obradoiro demostrativo: Floresta Flores
- 13:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Méndez Cerámica
- 16:30 h Obradoiro demostrativo: Mirabel do Rosal
- 17:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Belén Jarrín
- 18:30 h Obradoiro demostrativo: Doniccas
- 19:00 h Música en directo a cargo de Terreiras
Luns 12 de outubro
- Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
- 11:00 h Obradoiro demostrativo: Kiwi Eco
- 12:00 h Obradoiro demostrativo: Adega Quiñóns da Insua
- 12:30 h Obradoiro demostrativo: Gaia Gourmets
- 16:30 h Obradoiro demostrativo: Millo Joyería
- 17:30 h Obradoiro demostrativo: León Lagata
- 18:30 h Música en directo a cargo de The Swinging Flamingos





