Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Espazos Efémeros

Data: 
9/10/2026
Lugar: 
Edificio municipal na praza da Inmaculada

O edificio da praza da Inmaculada acollerá dende este venres 9 até o luns 12 un mercado vivo de creatividade, produto local e cultura. Será coa celebración da segunda edición de Espazos Efémeros organizado por Galicia Suroeste en colaboración co Concello de Tui.

Participarán dezaoito postos de venda de artesanía, xoiería, moda, produtos agroalimentarios e propostas creativas. Asi haberá meles do país, viños de autor, xoiaría contemporánea, cerámica, arranxos florais e doces sen glute, entre outras propostas singulares.

Cada xornada celebraranse obradoiros demostrativos e concertos en directo.

Venres 9 de outubro 

  • Horario: 18:30 - 21:00 h
  • 17:30 h Acto de presentación
  • 18:30 h Degustación viño galego e apertura de Espazo Efémero Tui 
  • 19:00 h Música en directo a cargo de Faia Díaz e Xan Campos

Sábado 10 de outubro

  • Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
  • 11:30 h Obradoiro demostrativo: A Fada do Aloia
  • 12:30 h Obradoiro demostrativo: Mel Niño do Corvo
  • 13:00 h Música en directo a cargo de Abril
  • 16:30 h Obradoiro demostrativo: Arxila Ceramics
  • 17:30 h Obradoiro demostrativo: Lalusquis
  • 18:30 h Obradoiro demostrativo: Mar Jewelrin
  • 19:30 h Obradoiro demostrativo: Fui Yo

Domingo 11 de outubro

  • Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
  • 11:30 h Obradoiro demostrativo: Meleiras do Souido
  • 12:30 h Obradoiro demostrativo: Floresta Flores
  • 13:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Méndez Cerámica
  • 16:30 h Obradoiro demostrativo: Mirabel do Rosal
  • 17:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Belén Jarrín
  • 18:30 h Obradoiro demostrativo: Doniccas
  • 19:00 h Música en directo a cargo de Terreiras

Luns 12 de outubro

  • Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
  • 11:00 h Obradoiro demostrativo: Kiwi Eco
  • 12:00 h Obradoiro demostrativo: Adega Quiñóns da Insua
  • 12:30 h Obradoiro demostrativo: Gaia Gourmets
  • 13:00 h Música en directo a cargo de The Swinging Flamingos
  • 16:30 h Obradoiro demostrativo: Millo Joyería
  • 17:30 h Obradoiro demostrativo: León Lagata
  • 18:30 h Obradoiro demostrativo: Charria Ceramics