O Concello de Tui contratou a 6 persoas o abeiro da liña 3 do Plan + Provincia 2026
5/06/2026
O Concello de Tui ven de contratar a 6 persoas o abeiro da liña 3 do Plan + Provincia 2026 da Deputación de Pontevedra.
En concreto estas seis persoas incorporaronse a distintos servizos municipais. Foron contratados dous peóns de horticultura e xardinería, un operario soldador-cerralleiro, un enxeñeiro técnico forestal e dous operarios e limpeza viaria.
O financiamento dos contratos realizase a través da subvención da liña 3 do Plan + Provincia 2026, cunha achega de 92.591,27€ de fondos provinciais e cunha aportación municipal de 5.845,22€.
Estas contratacións contribúen a mellorar a empregabilidade do persoal contratado e redundan en beneficio dos distintos servizos municipais.





