Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no Campamento de Verán

9/06/2026

Está xa publicada, dende onte luns 8 de xuño, na sede electrónica a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para o Campamento de Verán organizado polo Concello de Tui.  Establécese un prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte da súa publicación para presentar alegacións. Unha vez rematado este prazo publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas en cada quenda, e cada participante terá ata o día 19 de xuño para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda.

Consultar listaxe