Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción ao equipo alevín do Tyde FC que participará no Torneo Internacional de Versmold

4/06/2026

Hoxe xoves ,4 de xuño, ás 13.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a recepción ao equipo alevín do Tyde F.C. que un ano máis participará no Torneo Internacional de Versmold, que se celebrará na cidade alemán este fin de semana, grazas ao acordo de irmandade entre as dúas cidades.

Participarán na recepción o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, concelleiros e concelleiras de Tui, así como o presidente do Tyde F.C, David Domínguez, membros da xunta directiva e os integrantes do equipo alevín.