Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Día do Mercado 2026

Data: 
27/05/2026
Lugar: 
Mercado de San Antonio

O Mercado de San Antonio vivirá o sábado 30 de maio unha xornada festiva arredor do produto local, o comercio de proximidade e a gastronomía coa celebración do Día do Mercado.

Nesta data o Concello de Tui súmase á campaña impulsada pola Xunta de Galicia “Quere o teu mercado”.

Este sábado dende primeira hora da mañá as persoas que se acheguen até o Mercado serán obsequiadas con bolsas e mandís promocionais da campaña autonómica "Quere o Teu Mercado", remitidos pola Xunta de Galicia.

A partir das 12 h, en colaboración co Concello de Tui, o chef Stefano Quarta ofrecerá unha degustación de elaboracións realizadas con produtos do propio mercado, permitindo ao público coñecer un adianto do que será a proposta gastronómica que ofrecerá xunto a María Purificación Correa, en "AlDente" o novo espazo gastronómico do mercado que o luns abrirá as súas portas ao público.