Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Banda de Gaitas Arume de Malvas actuará esta tarde en Balaídos na previa do partido entre o Celta e o Levante

12/05/2026

Tui e o Celta sumarán esta tarde un novo capítulo na súa relación coa actuación da Banda de Gaitas Arume de Malvas en Balaídos, na previa do encontro entre o Celta e o Levante.

Ás 18.50 h a formación tudense levará a nosa tradición musical ao céspede do estadio vigués no penúltimo partido do Celta na casa esta tempada, nunha semana especialmente significativa coa celebración das Letras Galegas este domingo.

Este novo vínculo entre Tui e o club celeste chega despois de que a presidenta do Celta, Marián Mouriño, fose a pregoeira das festas de San Telmo, estreitando aínda máis as relacións entre ambas institucións.

O alcalde de Tui e a concelleira de Turismo acudirán esta tarde a Balaídos para compartir este momento moi simbólico para as nosas agrupacións tradicionais e, de maneira especial, para Arume de Malvas, para Tui e a nosa cultura popular.