Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui celebra unha das concentracións cabalares con máis tradición e destacadas de Galicia

10/04/2026

Desenvolverase durante tres días no marco das Festas de San Telmo. Contará cun espectáculo ecuestre de Miron Bococi

Miles de persoas participarán ao longo desta fin de semana na Concentración Cabalar de San Telmo, unha citas de referencia no mundo equino en Galicia. Dende mañá sábado e até o luns, na rúa Loureiro, en San Bartolomeu, desenvolverase un amplo programa de actividades no marco das festas de San Telmo.

A primeira cita será co Concurso de Saltos Cidade de Tui, organizado polo Club Hípico Equigalia. O sábado, dende ás 16 h realizaranse máis de 50 saídas a pista por parte dos xinetes de amazonas de clubs de Tui, O Porriño, Gondomar, Santiago, Viana do Castelo. A inscrición para participar está aínda aberta no 620 70 64 74. O Club Hípico Equigalia contará amais con Poni Club o domingo de 17.00 a 19.00 h e o luns de 11.00 a 13.00 h.

Outro dos momentos destacados da Concentración Cabalar será o domingo á mañá coa II Ruta Cabalar na que agardan a participarán de até 500 cabalos, nun percorrido polo conxunto histórico de Tui e a beira do Miño até a ribeira de Caldelas. A inscrición está aberta até ás doce desta noite de venres.

Tras o xantar, xa no recinto de San Bartolomeu celebrarase un dos poucos concursos-exhibición de Enganche que hai na zona con tronco, limoneiras, children e ponis.

A concentración cabalar de San Telmo conta cada ano cun espectáculo destacado. Neste 2026 volve a Tui dende Cataluña Miron Bococi cun espectáculo de doma en liberdade con cinco cabalos e volteo cosaco que sorprenderá pola súa calidade artística, e pola conexión entre xinete e cabalos. Poderá desfrutarse o domingo ás 19 h e o  luns ás 13 h.

O luns será o día grande, festivo local en Tui, nunha xornada a actividade comezará xa dende primeira hora da mañá coa actividade de compra-venda, precisamente está establecido un premio ao Tratante con máis cabezas equinas, burros, ponis e cabalos. Moitos afeccionados acoden á cabalo á San Bartolomeu para gozar dunha mañá de confraternización.  Dende hai uns anos na feira se premia á mellor presentación de xinetes, amazonas, cabalos, ponis, carruaxes,… así coma aos máis novos que participan. Nun recinto perfectamente acondicionado e delimitado segundo os usos, a concentración lucirá en todo o seu esplendor. Non faltarán os postos de artigos equinos e tampouco os gastronómicos.

Amais no programa de actividades figura ás 10.30 h unha Exhibición de labranza tradicional con bois  dirixida por unha das mulleres máis lonxevas de Tui, e na que participarán tamén nenos e nenas, que poderán apadriñar as súas propias sementes. Ás 11.30 h terá lugar a Xincana paralela para nenos e adultos e ás 12.45 h a entrega de premios.

A Concentración Cabalar de San Telmo, con tradición secular e moito arraigo na zona, volverá marcar un novo fito co amplo programa de actividades previsto.

Programa

  • Sábado 11
    • 16:00 h – Concurso de Salto Hípico “Cidade de Tui”  
      • Organiza: Club Hípico Equigalia
      • Categorías: Barritas / Cruzadas / 0.50 / 0.80 / 1 m
      • Inscricións: 620 706 474 (Paula López)
      • Premios aos 5 primeiros de cada categoría e medallas para todos os participantes.
  • Domingo 12
    • 10:00 h – Ruta Cabalar Gratuita  
      • Inscrición obrigatoria
      • WhatsApp: 639 109 378
      • Inclúe Ruta Pincho + Agasallo
    • 14:00 h – Xantar Popular  
      • Reservas: 607 775 175
    • 17:00 h – Concurso Exhibición de Enganches  
    • Categorías: Tronco, Limoneras, Children e Ponis
    • 19:00 h – Espectáculo Ecuestre  
    • MIRON BOCOCI – Horse Show, Volteo Cosaco
  • Luns 13
    • 08:00 h – Apertura da Concentración Cabalar
    • 10:30 h – Exhibición de labranza tradicional con bois  
      • Dirixida por unha das mulleres máis lonxevas de Tui.
      • Participarán tamén nenos e nenas, que poderán apadriñar as súas propias sementes.
    • 11:30 h – Xincana paralela para nenos e adultos
    • 12:45 h – Entrega de Premios Especiais
      • Premios:
        • Mellor Presentación: Xinete, Amazona, Cabalo, Poni, Carruaxe, Burro, Mula, Xinete máis xove, Amazona máis xove
        • Premio Tratante: Con máis Cabezas, Burros, Ponis e Cabalos
    • 13:00 h – Espectáculo Ecuestre a cargo de Miron Bococi de doma en liberdade e volteo cosaco  
      • MIRON BOCOCI – Horse Show, Volteo Cosaco