Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concerto de Christopher Pérez Quartet

Data: 
20/03/2026
Lugar: 
Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 20 de marzo, ás 20.30 h un concerto de jazz a cargo de Christopher Pérez Quartet, no marco da programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui.

Esta agrupación está formada por Cristopher Pérez, saxofón tenor; Daniel Pimenta, batería; Guillaume Coulbois, piano, e David Múñoz, contrabaixo. Este cuarteto foi o gañador do Concurso Nacional Juventudes Musicales de España en 2024. Actuará en Tui grazas á colaboración entre  o Concello de Tui, a entidade tudense Xuventudes Musicais Eixo Atlántico e a Confederación Nacional Juventudes Musicales de España, que está a celebrar o seu 75 aniversario.

A agrupación ofrecerá un percorrido musical polos sons vibrantes do Jazz que se mesturarán coas influencias musicais do lugar de orixe de cada un dos integrantes do cuarteto. O resultado é unha proposta harmoniosa, chea de creatividade e paixón que se reflicte en cada melodía.

No programa a interpretar ofrecerán “Despertar”, “Explosión”, “Ilusiones”, “La Selva” e “Paciencia” todas compostas por Cristopher Pérez, xunto a “Cyclic Episode” de Sam Rivers. 

A entrada ao concerto será libre até completar o aforo do Teatro Municipal de Tui.

Entrada de libre até completar aforo.