Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

II Mercado Creativo Elas Facedoras

Data: 
14/03/2026
Lugar: 
Espazo Sociocultural

Dentro da programación do 8M, o Día Internacional da Muller, o Concello de Tui organiza o II Mercado Creativo Elas Facedoras o sábado 14 e o domingo 15 de marzo no Espazo Sociocultural.

Participarán vinte mulleres: A invenção do dia azul, anabelenjarrin, areladefe, Artesanía Sabela, Cabuxa, Como pez en el agua, Dragonfly joyería, D Rositas, El Barro y la Cometa, El Proyecto de Fabiana, Icy Dolche, La Clave de An, Luxor & luxor, Manos Creadoras, Marifastudo, Mar.Jewelrin, Media Lúa, Quiñóns da Ínsua, Rosa María Vila e Shirga. Chegarán dende Tui, Tomiño, O Rosal, Oia, Salvaterra, Nigrán, Vigo, Ribadavia, Rois, ou Caminha. 

Horario: 

  • Sábado, 14 de marzo, de 11 h a 14 h e de 17 h a 21.30 h
  • Domingo, 15 de marzo, de 12 h a 14 h e de 17 h a 20 h. A entrada é libre.

 

Programa de actividades

Sábado 14

  • Ás 12 h Mesa redonda “As mulleres na artesanía contemporánea galega” coa participación de Verónica Moar; Amalia Puga; Julia de la Cal e Mercedes Vieites
  • Ás 13 h Actuación musical Gloria Pavía con Rafa Morales
  • Ás 19h Señora DJ

Domingo 15

  • Ás 12h Presentación e degustación de productos de artesanía alimentaria
  • Ás 13h Actuación musical de Yudit Almeida con Xan Campos
  • Ás 18:30h Actuación das humoristas Sobria&Serena, Arantxa Treus e Jazmín Abuín