Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición X Concurso de Pintura ao aire libre Pinta Tui

Data: 
5/03/2026
Lugar: 
Sala de Exposicións

A Sala de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, acolle do 5 ao 28 de marzo a exposición do X Concurso de Pintura ao aire libre Pinta Tui. 

A mostra reúne as obras das persoas participantes do certame celebrado a finais do ano pasado. 

Artistas de distintas idades, dende infantil, a xuvenís e adultos, plasmaron con diversas técnicas coma acuarela, óleo ou debuxo, lugares destacados da cidade de Tui. Así o río Miño, a Catedral, a praza da Inmaculada, son só algúns do lugares retrados que agora conforman unha mostra chega de cor. 

O horario de visita é de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.