Cabalgata Internacional de Reis 2026

Data:
5/01/2026
Lugar:
Eurocidade Tui-Valença
Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, volverán regalar a súa maxia o próximo luns 5 de xaneiro na Eurocidade Tui-Valença cunha nova edición da Cabalgata Internacional, unha celebración única en toda Europa.
- Saída ás 17 h ES das Cortinas de São Francisco, na Fortaleza de Valença.
- Percorrido de 3,5 quilómetros pola Avenida dos Combatentes da Grande Guerra, a Rotunda da Trapicheira, e a Avenida de España, para cruzar a centenaria Ponte Internacional. Xa en terras tudenses, Melchor, Gaspar e Baltasar, avanzarán pola Avenida de Portugal, polas rúas Martínez Padín, Ourense, e Lugo para chegar até a praza de Galicia e continuando logo polas rúas Betanzos e Compostela, onde as carrozas quedarán estacionadas.
- As Maxestades de Oriente desprazaranse até o Teatro Municipal onde ás 19.45 h comezará a recepción.
- Comitiva integrada por máis de 200 persoas entre figurantes, músicos, persoal de organización e seguridade.
- Gaspar e Baltasar chegarán á Eurocidade Tui-Valença en tres magníficas carrozas, acompañados por outras catro carrozas creadas con agarimo e dedicación polas asociacións Arume de Malvas, Aloia de Pazos de Reis, Lembranzas de Guillarei e Xuntanza de Randufe.
- A música da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro, e as charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo porá a banda sonora a este máxico percorrido.
- Os Reis, os seus paxes e toda a comitiva, irán repartindo 1.500 quilos de caramelos sen glute.
- Antes deste percorrido internacional os Reis estarán xa pola mañá no Teatro Municipal recibindo aos nenos e nenas 10.30 a 14 h.




