Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a IX Urban Trail Night Eurocidade

25/11/2025

Maña mércores 26, ás 12.00 horas, no Espazo Sociocultura da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da IX Urban Trail Night Eurocidade, proba deportiva incluída dentro do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025. Está organizada polas empresas NOKO 360 e Sra Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A IX Urban Trail Night Eurocidade celebrarase este sábado 29, con saída ás 19.30 horas españolas, dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.

Mañá na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Óscar Silva, así como os responsables das empresas organizadoras, Serafín Martínez e Justi Peixoto.