Tui prepárase para un Nadal Ciberseguro
A Aula CEMIT acollerá o mércores 3 de decembro unha charla na que se ofrecerán pautas para realizar compras en liña seguras ou identificar estafas dixitais
Que debemos ter en conta á hora de realizar unha compra en liña, como identificar fraudes ou estafas dixitais, ou como protexer xoguetes e dispositivos conectados serán algunhas das claves que se ofrezan na charla “Prepárate para un Nadal Ciberseguro” que se vai celebrar o mércores, 3 de decembro, de 17 a 18.30 h na aula CEMIT de Tui.
Trátase dunha actividade organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia contando neste caso coa colaboración do Concello de Tui.
Ao longo de hora e media unha persoa experta concienciará aos e ás participantes sobre os principais riscos de ciberseguridade durante o Nadal, ofrecerá pautas sinxelas para realizar compras en liña seguras, axudará a identificar fraudes, estafas e trampas típicas estas datas, e dará as claves para protexer xoguetes e dispositivos conectados que chegan como agasallo. Será o través de exercicios prácticos e participativos.
Para participar é preciso inscribirse previamente en https://cemit.xunta.gal/gl/centros/tui , no correo cemit.tui@xunta.gal ou no teléfono 986 60 37 47 en horario matinal.
A de Tui será unha das 22 xornadas formativas que AMTEGA, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, levará a cabo nas aulas da Rede CEMIT galegas.





