O 31 de decembro celebrarase a IV San Silvestre Solidaria Tudense co reto de chegar ás 2.000 persoas inscritas
A proba volverá a ser solidaria a favor da Asociación Española Contra o Cancro
O luns 1 de decembro abrirá o prazo de inscrición para participar na IV San Silvestre Solidaria Tudense que terá lugar o mércores 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui. Está organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, coa colaboración da Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Radio Municipal de Tui e de numerosas empresas tudenses,
As inscricións poderanse realizar a través do formulario de solicitude habilitado na web do Club Atletismo Tui https://clubatletismotui.wordpress.com/, dende o luns 1 de decembro ata o domingo 28, ás 22.00 horas. A inscrición é gratuíta, pero dado o carácter solidario do evento, solicítase unha doazón para a Asociación Española Contra o Cancro, que poderá realizarse a través dun número de conta ou dun Bizum da asociación, o ben nos petos que estarán habilitados o mesmo día do evento.
Como nas edicións anteriores, ademais do avituallamento final, as persoas participantes poderán tomar un chocolate quente e as 12 uvas, ás 12.00 horas, festexando así por adiantado o fin do ano, rematando o festexo con música e Dj.





