Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Un centenar de persoas descubriu o Mosteiro de Sanfins en Valença

31/07/2025

A visita inclúese no ciclo “Coñece o noso patrimonio” que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui

Éxito na cuarta visita do ciclo “Coñece o noso patrimonio”, organizado polo Instituto de Estudos Tudenses en colaboración co Concello de Tui. Un centenar de persoas descubriron este martes a historia e os segredos que agocha o Mosteiro de Sanfins na Unión de Freguesías de Sanfins de Gondomil, en Valença. 

Durante unha hora de visita, o historiador valenciano Narciso Serra guiou un percorrido por este Mosteiro, que é un dos exemplos máis salientables do románico de Portugal, monumento nacional dende 1910. 

As persoas que participaron na actividade puideron observar as súas estruturas e formas medievais case intactas, e o seu gran repertorio escultórico figurado, presente especialmente na cabeceira e nos canzorros das cornixas.

Un gran éxito nesta cuarta visita do programa “Coñece o noso patrimonio”, que continuará  con dúas propostas. 

O martes 12 de agosto ás 20.30 h será “A escultura románica e gótica na Catedral de Tui” a cargo de Marta Cendón. Mentres o martes 29, ás 20.30 h, dende o adro de San Telmo partirá a visita guiada por José Ramón Fernández á igrexa de San Telmo.