Mañá sábado será inaugurada a rehabilitación do edificio municipal da rúa Camilo José Cela
Mañá sábado, 14 de decembro, ás 12 h terá lugar a inauguración das obras de rehabilitación do edificio municipal situado na rúa Camilo José. O acto contará coa intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; da concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, e do arquitecto responsable da obra, Daniel Torres Campos. No mesmo contarase cunha pequena actuación musical a cargo do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
O Concello de Tui obtivo 793.725 € para o financiamento desta obra a través do Programa de Impulso a la Rehabilitación de los Edificios Públicos (PIREP) das Entidades Locais no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana para o financiamento desta obra.