Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

III Feira da Cabaza

Data: 
28/10/2023
Lugar: 
Tui

A próxima fin de semana Tui volverá pór en valor os produtos da terra e as tradicións vinculadas ao outono coa celebración da terceira edición da Feira da Cabaza.  O programa de actividades desenvolverase o sábado 28 e o domingo 29, así coma o martes 31.

Obradoiros de decoración de cabazas, demostración culinarias que terán neste produto a súa base, e mesmo un roteiro nocturno do Samaín forman parte do programa organizado polo Concello de Tui. E non faltará a exposición e venda de cabazas producidas en Tui.  O edificio dos antigos xulgados, na praza da Inmaculada, acollerá as actividades previstas.

Sábado, 28 de outubro

  • De 17:00 a19:00 h. Obradoiro familiar de preparación da cabaza de Samaín.
    • Obradoiro dirixido ás familias para a elaboración da cabaza máis terrorífica.
    • Entrada libre até completar aforo. As persoas participantes poderán ir disfrazadas.
    • Ao rematar percorrido polo comercio local con “truco-trato”.
  • 20:00 h. Demostración culinaria con menú degustación a cargo da cociñeira Gloria Domecq, xerente da empresa Gloria Domecq Catering, maridada con viños da zona e música. *Prazas limitadas.
  • 23:00 h. Conxuro, queimada e música.

Domingo, 29 de outubro

  • 11:00 h. Obradoiro de marmeladas artesanais con Amparo Grandío de “Conservas Petiscos”. *Prazas limitadas.
  • 12:00  h.   Demostración culinaria  con menú degustación a cargo do cociñeiro Judicael Romero de Vioncas Bake, e elaboración de receitas con Calabizo.
  • Degustación de xeado de cabaza por cortesía de Gu Gu Gelato Originale. *Prazas limitadas.
  • De 17:00 a 19:00 h. Obradoiro infantil - recomendado a partir de 6 anos - de Mugcake de cabaza con chocolate e trufas e bombóns con cabaza con Águeda Ubeira de Chupipostres. *Prazas limitadas.
  • 19:00 h. Demostración culinaria con menú degustación a cargo Águeda Ubeira de Vanetta Food, maridada con viños da zona e música. *Prazas limitadas.

*Nas actividades con prazas limitadas é preciso inscrición previa na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, no teléfono  677 41 84 05, ou no correo turismo@tui.gal indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.

Martes, 31 de outubro