Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Semana Santa 2023

Data: 
26/03/2023
Lugar: 
Tui

A Semana Santa en Tui conta cunha tradicion secular e un alto valor como recurso turístico que atraer a numerosos visitantes durante estes dias. A continuacion figura o programa da Semana Santa 2023.

DOMINGO 26 DE MARZO

  • 18:00 horas. Pregón da Semana Santa. Capela das Reliquias da S. I. Catedral
    • A cargo de D. Avelino Bouzón Gallego, cóengo e director do Arquivo Catedral.
    • Pequeno concerto a cargo de  Cristina Gómez Crespo, profesora de óboe, y Gabriel Silvera Marcoff profesor de guitarra do Conservatorio Municipal de Música de Tui.
    • Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui.
    • Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.

DOMINGO 2 DE ABRIL. DOMINGO DE RAMOS

  • 11:00 h. Bendición de ramos. Praza de San Fernando.
  • A continuación procesión e Santa Misa na S. I. Catedral.

MÉRCORES 5 DE ABRIL. MÉRCORES SANTO.

  • 12:00 h. Misa Crismal na S. I. Catedral
  • Presidida polo Bispo da diocese e concelebrada polo presbiterio diocesano. Bendición dos óleos que se empregan na administración dos sacramentos nas parroquias durante o ano e renovación polos presbíteros das súas promesas sacerdotais.

XOVES 6 DE ABRIL, XOVES SANTO

  • 19:30 h. Misa Vespertina da cea do Señor na S. I. Catedral
  • 19:00 a 23:00 h. Visita aos Monumentos 
    • Tradicional percorrido polos seguintes lugares: S. I. Catedral, Igrexas das Monxas Clarisas, Igrexa de San Telmo e igrexa de San Bartolomeu. Na Capela da Misericordia visítase a representación do Horto das Oliveiras.
    • Debido ás obras na rúa Antero Rubín neste ano non é posible visitar a Capela da Residencia San Telmo e a igrexa de San Domingos.
  • 23:00 h. Hora Santa na S. I. Catedral

VENRES 7 DE ABRIL, VENRES SANTO

  • 11:00 h. Sermón do Encontro e procesión dos pasos.
    • Saída dos pasos dende a Capela da Misericordia até a Praza de San Fernando onde terá lugar o Sermón do Encontro, a cargo de D. Ángel Carnicero Carrera, reitor do Seminario Maior “San Xosé”. A continuación procesión polas rúas da cidade.
    • Organiza: Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia. Colabora: Asociación de antigos voluntarios de Protección Civil de Tui.
  • 18.00 h. Celebración da Paixón do Señor na S. I. Catedral
  • 20:00 h. Sermón do Desencravo e procesión do Santo Enterro
    • Debido ás obras na rúa Antero Rubín trasládase este Sermón á Catedral.
    • Sermón do Desencravo a cargo de D. Samuel Montes Costas, formador do Seminario Maior “San Xosé”.
    • A continuación Procesión do Santo Enterro  polas rúas da cidade ata a igrexa parroquial de San Francisco.

SÁBADO 8 DE ABRIL, SÁBADO SANTO

  • 08.00 h. Procesión de Nosa Señora da Soidade
    • Saída dende a Igrexa de San Francisco ata a S. I. Catedral.
    • A continuación sermón a cargo de de D. Ángel Carnicero Carrera, reitor do Seminario Maior “San Xosé”.
  • 20.00 h. Solemne Vixilia Pascual na igrexa parroquial de San Francisco.

DOMINGO 9 DE ABRIL, DOMINGO DE PASCUA DE RESURRECCIÓN

12.00 h. Misa Pascual na S. I. Catedral presidida polo Bispo da diocese.