Butacazero con ‘Papagena’

Data:
21/10/2022
Lugar:
Teatro Municipal
Butacazero presentará o venres, 21 de outubro, ás 21.30 h, no Teatro Municipal a súa ópera contemporánea ‘Papagena’. Trátase dunha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción que fala da loita contra o sexismo e na que a soprano Esperanza Mara, o barítono Jacobo Rubianes Castelo e a música en escena do propio compositor, Iago Hermo, serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera quizais nunca chegou.
- Autor, música e libreto Iago Hermo
- Dirección Castiñeira & Carrodeguas
- Elenco: Esperanza Mara e Jacobo Rubianes Castelo
- Escenografía e iluminación Ana Arteaga
- Vestiario Diego Valeiras
- Xénero: Ópera
- Duración: 50 minutos
- Recomendada: + 12 anos
- Entrada de balde previa reserva en www.tui.gal