A Panadería con “As que limpan”

A Panadería con “As que limpan”
NOVA DATA Venres, 18 de febreiro, ás 21 h
A Panadería realiza en Tui, o venres 18 de febreiro ás 21 h, a estrea nacional do seu novo espectáculo “As que limpan” coproducido polo Centro Dramático Nacional.
Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman son as autoras, directoras e actrices desta obra teatral que aborda a loita organizada das limpadoras de pisos - as que limpan, as invisibles, as que carretan nao lombo un sistema turístico precarizador – por conseguir uns dereitos laboráis e sociais xustos. Fronte a elas está a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hotelerías.
Xénero: Teatro comedia
Duración: 75 minutos
Recomendada: + 14 anos
Prezos: 10€ e 8€
Normativa e Protocolo COVID Teatro Municipal 2022
Entradas á venda dende o luns, 14 de febreiro, ás 14h