Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición "Diálogos"

Data: 
18/01/2022
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

A zona anexa da Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica, acolle dende o martes, 18 de xaneiro, a semana exposición “Diálogos” que chega a Tui da man da Red de Juderías  e España – Caminos de Sefarad . A mostra foi preparada en setembro de 2021 pola Biblioteca Nacional de Israel para a Xornada Europea da Cultura Xudía.

Esta exposición reflexiona e explica diferentes tipos de diálogos desde a perspectiva da cultura xudía, documentados a través de diferentes fotografías e cadros de textos. Así a mostra fai un percorrido polo Diálogo entre xeracións, dos pais ou avós aos seus fillos, coma eixo na educación, Diálogo entre textos, a miúdo entendemos un "diálogo" como unha conversación entre persoas, con todo, na historia xudía, son máis importantes as "conversacións" entre textos. Tamén recolle o Diálogo dentro da Comunidade, incorporando a perspectiva da argumentación como eixo da tradición xudía, o Diálogo entre Culturas ou o Diálogo entre relixións como integración indispensable dos xudeus ao longo dos séculos en que viviron entre outras culturas e grupos de persoas. A exposición ademais das fotograrfías e explicacións achega en cada bloque diferentes códigos QR que profundan sobre o tema.