Recepción Reis Magos

Data:
5/01/2022
Lugar:
Teatro Municipal da Área Panorámica
Os Reis Magos recibirán este mércores, 5 de xaneiro, aos nenos e nenas no Teatro Municipal de Tui.
- Reserva de entradas dende o luns, 3 de xaneiro ás 20 h
- Horario da recepción de 11.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 19.00 h. Establécense quendas de entrada cada 10 minutos, admitíndose un máximo de 6 grupos por quenda estando composto cada grupo por un máximo de 5 persoas da que coma mínimo 1 debe ser unha persoa adulta.
- Recoméndase acudir cunha antelación de 10 minutos sobre a hora fixada na entrada.
Protocolo covid:
- A recepción contará cun protocolo covid de tal xeito que o acceso tanto ao vestíbulo do teatro coma ao patio de butacas realizarase de forma escalonada.
- No acceso a todas as persoas maiores de 12 anos requiriráselles a presentación do certificado covid de ter a pauta de vacinación completa, ou certificado de proba diagnóstica – test de antíxenos ou PCR negativa, ou certificado de ter superado a enfermidade.
- Será obrigatorio o uso de máscara para as persoas maiores de 6 anos así coma o a desinfección de mans con hidroxel.
- En todo momento deberase seguir o percorrido de acceso establecido pola organización.
- Durante a recepción os nenos e nenas manterán a distancia de seguridade cos Reis Magos, e as persoas adultas que os acompañan poderán tomar fotografías dende o patio de butacas.