Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reactívase a cita previa para a atención nos departamentos municipais

28/12/2021

Debido á incidencia da covid dende hoxe martes, 28 de decembro, será preciso solicitar cita previa para acudir a calquera servizo municipal na casa do concello, dende o rexistro de entrada aos distintos departamentos municipais.

A decisión de reactivar o servizo de cita obedece a alta incidencia da covid rexistrada nestes momentos en Tui.

Pódese solicitar cita previa de luns a venres de 9 a 13 h.  Unha vez se conte coa cita deberase acudir na data e hora indicada e acceder pola porta lateral da rúa Párroco Rodríguez Vázquez, e chamar ao timbre instalado. 

As persoas interesadas poden consultar a continuación a listaxe dos correos e teléfonos dos distintos departamentos.