Concedidas 85 axudas a autónomos e pequenas empresas ao abeiro do programa Reactiva II que suman máis de 90 mil euros
Este programa para facer fronte aos efectos da covid suma nas dúas convocatorias máis de 186 mil euros en axudas.
O Concello de Tui vén de conceder 85 axudas a autónomos e pequenas empresas ao abeiro do programa Reactiva II para facer fronte aos efectos da COVID 19.
A comezos de mes a Xunta de Goberno Local aprobou un paquete de 85 axudas correspondentes á segunda convocatoria de axudas para traballadores por conta propia e autónomos societarios cuxa actividade sufrira unha caída na facturación superior ao 30 % durante a pandemia. O importe total destas achegas ascende a 90.710,11 euros.
Esta é a segunda convocatoria do programa Reactiva á que se presentaron un total de 109 solicitudes. En 2020 na primeira convocatoria de Reactiva I presentáranse 254 solicitudes. Daquela concedéronse 114 axudas directas por un importe de 95.628,93 euros, na súa maior parte a comercio, hostalaría e servizos.
Deste xeito o concello de Tui ten destinado de 186.339,04 euros ao programa Reactiva, dos que 95.628,93 euros corresponden á primeira convocatoria e 90.710,11 euros á segunda. Dos máis de 186 mil euros concedidos nestas axudas 48.868,86 euros foron aportados pola Deputación de Pontevedra.