O Consorcio do Louro informa do aprazamento das taxas debido a actual situación derivada do Coronavirus
O Consorcio de Augas do Louro anuncia aos veciños de Porriño, Salceda, Mos e Tui o aprazamento do pago das taxas con motivo da situación de alarma por coronavirus.
O Consorcio valorou os efectos económicos que as medidas de confinamento e cese das actividades decretadas están a provocar especialmente nas familias e pequenos comercios así como as limitacións que esta situación supón aos usuarios para acceder fisicamente ás entidades bancarias. Polo que decidiuse modificar o calendario fiscal de 2020 aprazando 20 días, ata o 30 de abril, a data de pago en voluntaria dos recibos de novembro-decembro de 2019, retrasar dous meses os prazos de inicio e fin de pago en voluntaria dos recibos de xaneiro-febreiro de 2020 e retrasar un mes os prazos previstos para os recibos de marzo-abril de 2020.
TAXAS E P.P. | Data Inicio | Data Fin | Data Cargo en conta (1) |
6º Bimestre 2019 | 10/02/2020 | 30/04/2020 | 30/04/2020 |
1º Bimestre 2020 | 10/06/2020 | 10/08/2020 | 13/07/2020 |
2º Bimestre 2020 | 10/07/2020 | 10/09/2020 | 14/08/2020 |
3º Bimestre 2020 | 10/08/2020 | 10/10/2020 | 14/09/2020 |
4º Bimestre 2020 | 10/10/2020 | 10/12/2020 | 09/11/2020 |
5º Bimestre 2020 | 10/12/2020 | 12/02/2021 | 11/01/2021 |
No relativo aos prazos para o pago en vía executiva, dado que esta xestión está delegada no ORAL, haberá que ter en conta os aprazamentos e suspensións de prazos acordados por este organismo.
Por outra banda, o Consorcio lembra que o importe dos recibos que emite depende en grande medida do consumo de auga realmente realizado polo que todos aqueles establecementos que tiveran que cesar a súa actividade durante os meses de marzo e abril verán como se reduce o importe do recibo proporcionalmente á cantidade de auga non utilizada.
O Consorcio informa, así mesmo, que as persoas en risco de exclusión social están exentas do pago das taxas polo que, de darse esta situación a consecuencia do estado de alarma por coronavirus, poden solicitar dos Servicios Sociais Municipais os informes que acrediten esta nova situación para poder acceder a esta exención.
O Consorcio lembra aos usuarios que mantén a súa disposición o número 900 810 103 así como a súa sede electrónica e páxina web as 24 horas do día.