Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Axudas COVID 19 - Persoas con contratos temporais

- Traballadores temporais sen dereito a paro – Poderán acceder a él as persoas traballadoras que desfrutasen dun contrato de, alo menos, dous meses de duración que se extinguira trala entrada en vigor do estado de alarma e que non contasen con cotizacións suficientes para acceder a unha prestación por desemprego.

Este subsidio terá un importe do 80% do IPREM e percibirase por un mes, ampliable se así se determina por Real Decreto-Lei. Este subsidio será incompatible con calquera outra renda, salario social, subsidio, prestación ou axuda concedida polas administracións públicas.

O SEPE establecerá no prazo dun mes, a partir do 02/04/2020, o procedemento da tramitación de solicitudes, que determinará os formularios, sistema de tramitación e prazos para a súa presentación.