Axenda Urbana
A Axenda Urbana Española, tomada en consideración polo Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019, é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións a levar a cabo até 2030, para facer dos nosos pobos e cidades ámbitos de convivencia amables, acolledores, saudables e concienciados. Constitúe un verdadeiro "menú á carta" para que todos os actores, públicos e privados, que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sustentable desde os seus distintos campos de actuación, poidan elaborar os seus propios Plans de Acción.
Dos 8.131 concellos que hai en España tan só 121, entre eles Tui, foron seleccionados para a redacción dunha Axenda Urbana. A través dos fondos Next Generation Tui planificará os vindeiros dez anos en liña con dez obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).
Documentos:
- 13/09/2021 Orden TMA/957/2021, de 7 de septiembre, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a elaboración de proxectos piloto de plans de acción local da Axenda Urbana Española e a convocatoria para a presentación de solicitudes
- 25/09/2021 Extracto da Orde TMA/957/2021, de 7 de setembro de 2021, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción local da Axenda Urbana Española e a convocatoria para a presentación desolicitudes para a obtención das subvencións polo procedimento de concorrencia competitiva.
- 11/11/2021 Resolución provisional da convocatoria de axudas para a elaboración de proxectos piloto de plans de acción local Axenda Urbana
- 29/11/2021 Notificación de proposta de resolución definitiva de concesión do Plan de Acción Local da Axenda Urbana