Servizo de encarga na Praza de Abastos de Tui
A Praza de Abastos de Tui continua a ofrecer produto fresco cada día de luns a sábado. As praceiras e os praceiros adoptaron as medidas de seguridade indicadas polas autoridades competentes frente ao COVID19.
Agora poñen a disposición dos clientes un servizo de encarga por teléfono para evitar así os desprazamentos e que a permanencia na praza sexa durante o menor tempo posible. Deste xeito realízase a encarga por teléfono e recóllese unha vez estea preparada.
Algúns deles ofrecen tamén o servizo de entrega a domicilio.