Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Axudas para obras de eficiencia enerxética, conservación, e accesibilidade en edificios e vivendas

Axudas para obras de eficiencia enerxética, conservación, e accesibilidade en edificios e vivendas 

Persoas beneficiarias: 

  • PERSOAS FÍSICAS inquilinas ou propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial e vivendas situadas nestes edificios. 
  • COMUNIDADES DE PROPIETARIOS, agrupacións de comunidades, etc. 
  • EMPRESAS CONSTRUTORAS

Obras subvencionables 

  • LIÑA A: Obras que fomenten a mellora da eficacia enerxética e da sustentabilidade das vivendas e edificios.
  • LIÑA B: Obras que fomenten a conservación e accesibilidade das vivendas e edificios. 

Contía das axudas

  • LIÑA A : 
    • Ata 12.000 €/vivenda unifamiliar, como máximo 40% do custo subvencionable. 
    • Ata 18.000 €/vivenda unifamiliar, como máximo 40% do custo  subvencionable, se na unidade de convivencia hai unha persoa con discapacidade. 
    • Ata 24.000 €/vivenda unifamiliar, como máximo 40% do custo subvencionable, se na unidade de convivencia hai unha persoa con  discapacidade especial.
  • LIÑA B: 
    • Ata 3.000 €/vivenda unifamiliar, como máximo 40% do custo subvencionable para obras de conservación. 
    • Ata 14.000 €/vivenda unifamiliar, como máximo 40% do custo subvencionable, se na unidade de convivencia hai unha persoa con discapacidade e se realizan obras de accesibilidade. 
    • Ata 17.000 €/vivenda unifamiliar, como máximo 40% do custo subvencionable, se na unidade de convivencia hai unha persoa con discapacidade especial e se realizan obras de accesibilidade. 
  • As contías máximas poderanse incrementar ata un 75% do custo subvencionable nos seguintes casos: 
    • Cando os ingresos da unidade de convivencia sexan inferiores a 3 veces o IPREM. 
  • Na Liña B se na unidade de convivencia hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 30 de agosto, ou ata esgotamento de crédito. 

Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética (DOGA N° 143 , de 30 de xullo de 2019)