Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Axudas para compra de vivenda no centro histórico de Tui

Destinatarios

  • Dirixido a MENORES DE 35 ANOS

Ingresos anuais da unidade de convivencia:

  • XERAL: ata 3 veces o IPREM
  • FAMILIAS NUMEROSAS OU PERSOAS CON DISCAPACIDADE: ata 4 veces o IPREM
  • FAMILIAS NUMEROSAS ESPECIAIS OU PERSOAS CON DISCAPACIDADES: ata 5 veces o IPREM

Vivendas novas ou usadas.

  • O PRECIO DE ADQUISICIÓN da vivenda será como máximo aproximadamente de 1.360 €/m2 computando como máximo 120 m2 de superficie útil.
  • Poderán solicitar as axudas as persoas que tivesen subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
  • A persoa solicitante e demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de solicitar a axuda, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con data anterior á presentación da solicitude.
  • A persoa solicitante e demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia non poderán ser propietarias ou usufrutuarias doutra vivenda no territorio español.

Contía das axudas

  • Ata 10.800 € no Concello de Tui, ou como máximo o 20% do prezo da vivenda.

Prazo de presentación de solicitudes

  • Ata o 31 DE OUTUBRO, ou ata esgotamento de crédito.

Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (DOGA Nº 124, de 2 de xullo de 2019)