Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Orde do 2 de agosto de 2019 polo que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Doga nº 172 , do 11/09/2019

1.- CONTÍAS ECONÓMICAS

  • Liña A
    • ​40% da renda mensual do alugamento, en xeral
    • 50% da renda mensual do alugamento en caso de persoas que na data da presentación teñan máis de 65 anos.
  • Liña B
    • 50% da renda mensual do alugamento, para persoas que na data da presentación da solicitude non teñan cumprido 35 anos.

* Non se subvencionan os gastos de comunidade, aluguer de garaxes nin rochos.

2.- PERSOAS BENEFICIARIAS

  1. Titulares en condición de persoa inquilina, dun contrato de aluguer de vivenda cunha duración dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.
  2. Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o periodo que se conceda a axuda.
  3. Que a renda mensual da vivenda alugada non supere os 400 €.
  4. Entre outras condicións, non poderán ser propietarias ou usufructuarias dalgunha vivenda en España.

3.- INGRESOS MÍNIMOS E MÁXIMOS

  1. Os ingresos das persoas da unidade de convivencia (persoas empadroadas na vivenda) deben estar entre os seguintes límites:

INGRESOS MÍNIMOS

INGRESOS MÁXIMOS

0,7 IPREM –  5.263,71 €

2 IPREM – 15.039,18 €

4 IPREM – 30.,078,36 €

5 IPREM – 37.597,95 €

                        < 2 IPREM, en caso xeral

                        < 4 IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa ou ten persoas con discapacidade distinta ás nomeadas no punto seguinte.

                        < 5 IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa especial ou ten persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:

  • Parálise cerebral, enfermidade metal, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grado de discapacidade > 33 %
  • Discapacidade física ou sensorial, cun grado de discapacidade > 65 %

4.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  1. Anexo I, solicitude das axudas.
  2. De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe en nome da solicitante. (Axúntase modelo da Xunta).
  3. Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.
  4. Xustificante de empadronamento conxunto das persoas integrantes da unidade de convivencia.
  5. Anexo II, declaración responsable das persoas integrantes da unidade familiar.
  6. Anexo III, compromiso de someterse ás condicións do alugamento asinado pola persoa arrendadora e a persoa inquilina.
  7. Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia, en caso de non presentar declaración de IRPF ou percibir algunha das rentas exentas de presentar IRPF, acompañada da seguinte documentación:
    • Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
    • Certificación de pensións emitido ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo INSS.
    • Certificado da contía precibida pola renda de integración social de Galicia.
  8. Certificado de discapacidade da persoa solicitante e/ou das persoas que integran a súa unidade de convivencia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta.

5.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN

  1. A solicitude xunto coa documentación presentarase por vía electrónica ou en papel dirixida á Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
  2. O prazo de presentación da solicitude é dun mes (1 mes) contado dende o día 12/09/2019, incluído. Ata o 11 de outubro de 2019.

* Esta información é un resumo do especificado na Orde do 2 de agosto de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Para ver casos especiais remítanse á Orde arriba citada publicada no DOG nº 172 do 11/09/2019.

* Código de procedemento sede electrónica da Xunta de Galicia : VI432.

Máis información:

  • Oficina de Rehabilitación ARI
    • Casa do Concello de Tui
    • Teléfono 986 60 36 25 – Ext. 18
    • E-correo: ari@concellotui.org
    • Horario: Martes e xoves de 9  a 14 h
  • Consellería de Md. Ambiente, Territorio e Vivenda – IGVS
    • Rúa Alcalde Hevia, nº 7 – Pontevedra
    • Teléfono: 012