Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte

O Concello de Tui e o Consello da Cultura Galega homenaxean ao tudense Francisco Sánchez con motivo do cuarto centenario do seu pasamento. Será o próximo martes, 14 de novembro, na Sala Félix Rodríguez coa “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte”
A Xornada desenvolverase a partir das 16 h no edificio Francisco Sánchez, comezando con catro relatorios na Sala Félix Rodríguez, e pechándose, ás 20 h, cun concerto no Teatro Municipal. A entrada é libre até completar o aforo.
Programa
Edificio Francisco Sánchez - Sala Félix Rodríguez
16.00 h Presentación
16.15 h Relatorio “A biografía de Francisco Sánchez” por Rafael Sánchez Bargiela
16.45 h Relatorio “A ascendencia xudía de Francisco Sánchez, o Tui da época e as relacións con Portugal” por Suso Vila
17.15 h Pausa
17.30 h Relatorio “Primus inter pares:O perfil médico de Francisco Sánchez” por Gonzalo Gómez García, profesor da Universidad Francisco de Vitoria
18.15 h Relatorio “O pensamento filosófico de Francisco Sánchez” por Idalina Maia Sidoncha, profesora da Universidade da Beira Interior (Covilhã)
19.00 h Peche da xornada
Edificio Francisco Sánchez – Teatro Municipal
20.00 h Concerto A propósito de Francisco Sánchez “o escéptico” a cargo de Vox Stellae (Coro de cámara). Entrada libre