Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Visitas Guiadas e conferencias conmemorativas do 450 aniversario da Batalla de Lepanto

Data: 
7/10/2021
Lugar: 
Igrexa de San Domingos

Do 7 de outubro ao 3 de novembro o concello de Tui organiza un programa de actividades conmemorativas do 450 aniversario da Batalla de Lepanto. Trátase dun ciclo de conferencias e unha serie de visitas guiadas ao retablo de Nosa Señora do Rosario ou da batalla de Lepanto, e a igrexa de San Domingos onde está ubicado, para poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e de acervo cultural de Tui.

Programa de actividades con motivo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto
Visitas guiadas: 

  • Sábado 9, domingo 10 e luns 11 de outubro  ás 19.00 h
  • Domingo 31 de outubro e luns 1 de novembro ás 18.00 h

Ciclo de conferencias

  • Mércores, 13 de outubro, ás 19.30 h  “A batalla de Lepanto, contexto histórico” por Hortensio Sobrado Correa, profesor da USC
  • Martes, 19 de outubro, ás 19.30 h “A devoción a Nosa Señora do Rosario e as súas confrarías na Galicia do Barroco” por Domingo González Lopo, profesor USC  
  • Martes, 26 de outubro, ás 19.30 h “A batalla de Lepanto na literatura española” por Dolores Balseiro, profesora ensino medio
  • Mércores, 3 de novembro, ás 19.30 h “Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” por Francisco Javier Novo Sánchez, profesor USC.
  • Martes, 9 de novembro, ás 19.30 h “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu remoto eco no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui” por Suso Vila, historiador.

Todas as actividades terán lugar na propia igrexa de San Domingos, contando coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui. 
A asistencia é libre e de balde pero cómpre inscrición previa no correo electrónico: biblioteca@tui.gal ou presencialmente na propia Biblioteca Municipal (Edificio Francisco Sánchez – antiga Area Panorámica, rúa Colón, 2).