Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui, o Camiño do Nadal

Data: 
3/12/2021
Lugar: 
Tui

Tui, o Camiño do Nadal” volve ser este ano o lema da programación elaborada polo Concello con motivo destas festas.

  • Venres, 3 de decembro
    • Ás 18.30 h acendido da iluminación de Nadal e a inauguración do Mercado de Nadal 
  • Do venres 3 ao domingo 12 de decembro
    • No Paseo da Corredoira Mercado de Nadal. 20 postos de artesanía, decoración, gastronomía...
    • Apertura de 11 a 14 h e de 17 a 21
  • Sábado 11, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui
    • Concerto “A historia da luz” da man de Mistura Vocal → ENTRADAS 
  • Xoves 16 de decembro, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui
    • Concerto de Nadal do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui → ENTRADAS 
  • Venres 17 ás 19 h
    • “Un conto de Nadal: 100 anos de verbena galega”, un espectáculo que brindará en directo ao público temas clásicos do Nadal xunto ao outros tradicionais nas verbenas. Sobre o escenario estarán La Oca Band xunto a Noelia Solleiro, Blas Piñón de “Paris de Noia”, Lito Garrido de “Panorama”, Jota Santana, Ángel América ou Marta Valiño.
  • Xoves 23 ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui
    • Concerto de Nadal das corais tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte da Febres e San Telmo → ENTRADAS 
  • Xoves 30 ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui
    • Concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música Popular de Tui.  → ENTRADAS 

*Para os eventos previstos no teatro a reserva de entrada comezará o próximo martes, 7 de decembro, en www.tui.gal.

  • Actuacións das asociacións culturais
    • Venres 3
      • Ás 18.30 h Charanga A Tu Ritmo
      • Ás 20.00 h Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro
    • Domingo 5
      • Ás 12.30 h Banda de Gaitas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas 
      • Ás 18.00 h Asociación Cultural San Telmo 
    • Luns 6 
      • Ás 18.00 h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe (Aprazado)
    • Mercores 8
      • Ás 12.30 h  Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro 
      • Ás 18.00 h  Grupo de gaitas Santa Columba de Ribadelouro 
    • Domingo 26 
      • Ás 18.00 h Actuación da Rondalla de Pexegueiro - APRAZADA POLA CHOIVA
    • Martes 28
      • Ás 20 h no Palco da Música no Paseo da Corredoira actuación da Coral Ponte das Febres
    • Mércores 29
      • Ás 20 h no Palco da Música no Paseo da Corredoira actuación da Coral San Telmo
    • Xoves 30
      • Ás 20.15 h no Palco da Música no Paseo da Corredoira actuación da Coral  do Centro Sociocomunitario
    • Venres 31 
      • Ás 17.30 h actuación no Paseo da Corredoira e na rúa Ordólez da Banda de Gaitas A Insua de Caldelas
  • Obradoiros infantís  na Biblioteca Municipal
    • Será o mércores 29 e o xoves 30 de decembro, así coma o luns 3 e martes 4 de xaneiro.
  • San Silvestre Popular
  • Visita do Apalpador
    • Venres 31 ás 19  h no Paseo da Corredoira.
  • Cabalgata de Reis
    • Mércores 5 de xaneiro